O Meu Mundo non é deste Reino

Sinopse

Uns feirantes chegan ao que chaman fogar despois dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas de país. Cargan ás costas un enorme “tutilimundi”. A disxuntiva de abrilo, convírteo nunha caixa de Pandora latente.

Contar e dar vida ao que contén supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Unha forma de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertenecen, nun reino que non é do seu mundo.

Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuo entre o micro e o macro teatro. Ata que todo remata. Desbórdase.

Neste Reino, la injustiza tíñese de cores vivas queriendo despistar ao sentido común, ao oprimido. ¿Y que acontece co resto? Cos que o rodean. Desvanécense nun fondo descolorido.

O MEU MUNDO NON É DESTE REINO é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da dictadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proyectar este lamento silenciado no seu día. Hoxe encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.

Créditos

Deseño escenografía, marionetas e vestiario

María Peinado

Realización escenografía

Armindo Salgueiro y Anxo García

Construcción marionetas

Anxo García

Espacio sonoro

María Peinado

Asesora movimiento

Nuria Sotelo

Fotografía e vídeo

Sabela Peinado

Técnico de escena

Dani Pais

Produción

Anxo García

Elenco

Anxo García e Fran Lareu

Deseño iluminación

Germán Gundín

Apoio escenografía

Luís Iglesias "Luchi"

Realización vestiario

Nidia Rodríguez Romero

Dirección de movemento

María Peinado e Fran Lareu

Diseño gráfico

Fran Lareu

Fotografía e vídeo espectáculo

No Majors

Cover técnico

Roi López Blanco

Produción executiva e distribución

Fran Lareu

Dramaturxia e dirección

María Peinado

O meu Mundo

Información

Premios

Galería

Consulta todos os nosos espectáculos