Compañía
Mirada contemporánea e vocación transformadora
Quen somos cando sube o pano
A Ramboia é unha compañía creada en 2019 por Anxo García, Fran Lareu e María Peinado. Deseñada co obxectivo de crear un espazo propio desde o que investigar a relación entre o teatro e as diferentes artes, así como explorar a súa intersección na multiplicidade do teatro, desde unha perspectiva contemporánea.
O seu primeiro espectáculo, O Meu Mundo non é deste Reino, gaña o 1º Concurso Manuel María de Proxectos Teatrais, grazas ao cal a compañía acada unha boa visibilidade no panorama teatral, por este mesmo espectáculo reciben dous premios María Casares: Mellor Dirección e Mellor Adaptación para María Peinado.
Co mesmo equipo artístico, xorde un tal Romeo, un novo proxecto contemporáneo que volve incidir na converxencia das distintas artes en escena; artes plásticas, danza, teatro textual e audiovisuais. Todo isto extrapolando a unha das figuras centrais do teatro universal: o personaxe de Romeo da obra Romeo e Xulieta de William Shakespeare. Con este espectáculo gañan o Premio María Casares 2026 a Mellor Actor Protagonista para Fran Lareu.
A Ramboia traballa xa en dúas novas producións, unha para público familiar e outra na liña das anteriores.
Creación escénica
Desde pezas íntimas ata montaxes visuais de gran formato, exploramos diversas lenguaxes teatrais co corpo, a palabra e a imaxe como centro.

Mediación e formación
Promovemos actividades que conectan a práctica escénica con comunidades, centros educativos e profesionais da cultura.


Itinerancia e territorio
Levamos as nosas obras a teatros, festivais e espazos non convencionais en todo o país, adaptándonos a cada contexto e ampliando as nosas formas de encontro.

Investigación e pensamiento
Entendemos o teatro como un campo de estudo e transformación. As nosas creacións nacen do cruce entre teoría, experiencia e experimentación.
En constante evolución
Con máis dunha década de percorrido, construímos un camiño sostido de creación escénica, vínculos humanos e complicidades artísticas que seguen medrando e transformándose con cada novo proxecto.
Compromiso artístico, sensibilidade social
O que nos move
A nosa forma de facer teatro parte dunha mirada crítica sobre o presente e dunha vontade de coidar os procesos creativos. Cremos no poder da escena para xerar pensamento, emoción e transformación. Cada proxecto é unha oportunidade para abrir conversacións, habitar preguntas e construir comunidade.
/ Ética escénica
Apostamos por creacións que nacen do respeto, a escoita e o traballo horizontal.
/ Coidado do proceso
Damos valor a cada etapa da creación, coidando ás persoas que a fan posible.
/ Diálogo constante
Colaboramos con axentes culturais, colectivos e outras artistas para enriquecer as nosas prácticas.
