aRamboia Teatro

Creamos experiencias escénicas que removen, conectan e provocan. Descubre o noso universo teatral.

UnHa compañía con voz propia

Teatro contemporáneo con identidade

aRamboia nace do desexo de contar historias desde unha mirada única, poética e comprometida co seu tempo.

A nosa esencia

Coñece máis sobre a nosa filosofía, a nosa visión do teatro e o noso percorrido.

Equipo humano

Descubre quen da vida a cada creación, dentro e fóra do escenario.

Un tal Romeo

Unha mirada singular en cada obra

Espectáculos que deixan pegada

Desde pezas íntimas que apelan ao emocional e ao cotián, ata montaxes de gran formato cunha forte carga visual e poética, n’aRamboia exploramos múltiples linguaxes escénicas. Gústanos experimentar coa forma e o contido, combinar texto, corpo, imaxe e son para construir experiencias teatrais que interpelen ao espectador desde distintos ángulos.

En constante movemento

A nosa xira, o noso pulso

Levamos as nosas obras por toda a xeografía, percorrendo diferentes territorios e compartindo as nosas propostas con públicos diversos. Actuamos en teatros, salas alternativas, espazos non convencionais e festivais de artes escénicas, tanto a nivel local como nacional. Móvenos o desexo de achegar o teatro a todo tipo de audiencias, establecendo un diálogo con cada comunidade e adaptándonos ás particularidades de cada lugar que nos acolle.

Teatro con propósito

Máis alá da escena

Os nosos proxectos non só entreteñen; tamén dialogan co social, o educativo e o emocional.

Comunidade

Xeramos espazos de encontro, diálogo e reflexión co público, así como con axentes culturais, fomentando unha rede activa de colaboración, intercambio e crecemento mutuo. Cremos na cultura como un proceso colectivo, por iso promovemos actividades que van máis alá da representación escénica: coloquios, talleres, laboratorios e propostas participativas que permiten tecer vínculos sólidos e significativos entre quenes crean, xestionan e gozan do feito teatral.

O meu Mundo
O meu Mundo

Transformación

Entendemos o teatro como unha poderosa ferramenta de reflexión, cuestionamento e transformación social. Máis alá do entretemento, concebímolo como un espazo vivo onde se abren preguntas, se confrontan realidades e se despertan novas formas de mirar o mundo. A través das nosas creacións, buscamos xerar pensamento crítico, sensibilizar sobre problemáticas contemporáneas e fomentar unha conciencia activa que impulse o cambio individual e colectivo.

Queres saber máis sobre o noso traballo?

Descubre quen somos, que facemos e por que apostamos por un teatro vivo, comprometido e en movemento.

A nosa historia, o noso enfoque e os nosos espectáculos estante agardando.